Sunday 08 de September de 2024

O sábado inaugúrase o paseo fluvial de Iñas e Nós


Todos os veciños e veciñas de Oleiros están invitados a participar o vindeiro sábado 27 de xullo no acto público de inauguración do paseo fluvial de 4,1 km creado nas parroquias de Iñás e Nós. Realizarase un percorrido pola senda que partirá da rúa Bergantiños, na zona de Decathlon, ás 17:00 horas.

 

Para realizar esta importante obra de recuperación medioambiental do rego de San Pedro, o Concello de Oleiros investiu 3.533.340,31 euros. Foi preciso expropiar 65 fincas, que suman 38.027 metros cadrados. O Concello, a través da xestión urbanística, xa era propietario de 111.348 metros no entorno do trazado (Arenaza, Parque Natural de Iñás, Mesón da Auga e Bosque do Vilar). Por criterios subxectivos, nin a Xunta nin o Estado subvencionaron esta actuación de protección da natureza e de fomento da mobilidade sostible.